parnasianismo
Galego
- Etimoloxía: de parnasiano, de parnaso.
- Pronuncia: /paɾnasjaˈnismo̝/ (AFI)
parnasianismo (sg: parnasianismo; pl: parnasianismos)
- (Literatura) Movemento literario poético orixinado en Francia, que tivo lugar durante a segunda metade do século XIX, principalmente como reacción ao lirismo do romanticismo, e que defendía unha poesía impersoal, volver ao clásico, a arte pola arte e a procura da perfección formal.