Galego

  •   Pronuncia: /pe.ni.ˈten.θja/ ou /pe.ni.ˈten.sja/ (AFI)

  Substantivo feminino

penitencia (sg: penitencia; pl: penitencias)

  1. (Relixión) Na Igrexa católica, sacramento polo que lle son perdoados os pecados cometidos despois do bautismo a quen os confesa ao sacerdote con dor, propósito da emenda e demais circunstancias debidas.
    • Exemplo: Durante a misa na Catedral hai varios curas administrando a penitencia.

  2. (Relixión) Na Igrexa católica, pena que o sacerdote impón ao que se confesa.
    • Exemplo: O cura mandoulle como penitencia rezar un rosario

      .
  3. (Relixión) e (Historia) Castigo público que impoñía o antigo tribunal eclesiástico da Inquisición a algúns condeados.
    • Exemplo: A Inqusición mandou, como penitencia, que lle desen 20 lategazos ao reo na praza da vila

      .
    • Castigo que se lle impón a alguén por unha acción indebida. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse con matiz irónico
    • Exemplo: Non sei que penitencia che vou poñer, pero sen ela non vas quedar.

    • Mortificación que alguén se impón a si mesmo por motivos relixiosos.
    • Exemplo: Algunha xente ía descalza na procesión, facendo penitencia.

  4. (Coloquial) Situación difícil e/ou incómoda que hai que soportar.
    • Exemplo: Ter que levar ao neno todos os días ao parque é unha penitencia.

Observacións

Termos relacionados

penitencial, penitenciaría, penitenciario, penitente