perisodáctilos
Galego
- Pronuncia: /peɾisoˈðaktilo̝s/ (AFI)
perisodáctilos (ms: perisodáctilo; mpl: perisodáctilos; fs: perisodáctila; fpl: perisodáctilas)
- (Zooloxía) Orde de mamíferos placentarios. Son mamíferos ungulados que se caracterizan pola posesión de extremidades cun número impar de dedas rematadas en pezuños, estando a deda central, que serve de apoio, máis desenvolvida cás demais. Son herbívoros. Na actualidade soamente inclúe os équidos, os tapires e os rinocerontes.