queimacasas
Galego
- Pronuncia: /kejmaˈkasa̝s/ (AFI)
queimacasas (sg: queimacasas; pl: queimacasas)
- (Zooloxía) Especie de cangrexo que vive no mar Negro, no mar Mediterráneo e nalgunhas partes do océano Atlántico. É de cor violeta escura, con vetas amarelas, cun corpo de até 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e de animais como lapas e mexillóns.