Galego

  •   Pronuncia: /re.aɣ̞.ˈt̪i.β̞o/ (AFI)

  Adxectivo

reactivo (ms: reactivo; mpl: reactivos; fs: reactiva; fpl: reactivas)

  1. Que reacciona, que ten a capacidade de reaccionar.
    • Exemplo: Axente reactivo. Substancias reactivas.

  Substantivo masculino

reactivo (sg: reactivo; pl: reactivos)

  1. (Química) Substancia química empregada nunha reacción para o recoñecemento, medición ou exame doutras substancias.
    • Exemplo: Os reactivos deben ser substancias de gran pureza.