Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «retículo».
  •   Pronuncia: /reˈtikulo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

retículo


singular plural
retículo retículos
 
Entre os anacos de ventre para facer callos recoñécese claramente, á esquerda, un anaco de retículo.
  1. (Zooloxía) Segundo dos preestómagos dos animais ruminantes, de forma máis ou menos esférica e caracterizada polos pregos ou laminiñas que forma a súa mucosa, que debuxan unha retícula de campos cadrados, pentagonais e, maiormente, hexagonais, a modo das celas dun favo.
    • Sinónimos: barrete, bonete.
    • Observacións: Vázquez Pintor dálle o nome de redeiriña: "Hai que remoer. O cerebro manda as ordes á panza, á redeiriña, ao coallar... e o motor da herba ponse en marcha. Boi amosa a sintonía dos recados nun rou-rou inalterable, sete veces trousa e tres descansa e volve". (Vázquez Pintor, Xosé: A memoria do boi. Xerais 2001, 13).

Traducións