rocha filoniana
Galego
rocha filoniana (sg: rocha filoniana; pl: rochas filonianas)
- (Petroloxía) Rocha magmática ou ígnea orixinada polo arrefriamento, relativamente lento, do magma, encaixado en gretas e fisuras, formando diques que poden chegar até varios metros de potencia (largura), a profundidades intermedias entre as plutónicas e as volcánicas, cristalizando por etapas, polo que resultan unhas rochas de características en certo modo intermedias entre as daquelas.
- Exemplo: As rochas filonianas máis comúns son os pórfiros e as pegmatitas.
- Exemplo: As rochas filonianas máis comúns son os pórfiros e as pegmatitas.