Grafías semellantes:     Sinemuriano

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sinemuriano».

  Substantivo masculino

sinemuriano

  1. (Xeoloxía) División da escala temporal xeolóxica, unha das idades ou pisos do período Xurásico. Esténdese desde 199.3 ± 2 e os 190.8 ± 1.5 millóns de anos atrás, aproximadamente. Sucede o Hettanxiano e precede o Pliensbaquiano.

Observacións

  • Adoita empregarse en maiúscula.

Termos relacionados

Traducións

  Adxectivo

sinemuriano (ms: sinemuriano; mpl: sinemurianos; fs: sinemuriana; fpl: sinemurianas)

  1. (Xeoloxía) Relativo ou pertencente ao Sinemuriano.