Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «soma».

soma1

  Substantivo feminino

soma (sg: soma; pl: somas)

  1. Terra que queda a ambos os dous lados dun rego.

soma2

  Substantivo masculino

soma (sg: soma; pl: somas)

  1. (Bioloxía) Corpo ─especialmente en oposición á psique─.
  2. (Bioloxía) Masa do corpo, formada polas células vexetais ou corporais, que non transmiten ─por herdanza─ as variacións adquiridas.
  3. (Bioloxía) Citoplasma ─especialmente o dunha neurona─.
  4. (Ficción) Droga para curar a depresión.

Traducións

soma3

  Substantivo feminino

soma (sg: soma; pl: somas)

  1. Variante de sombra.
    • Exemplo: Costureiriña bonita,/ ¿onde tes a túa cama?/ Téñoa na beira do río/ á soma dunha espadana.