sorsogon meridional
Galego
- Etimoloxía: composto de sorsogon e meridional.
sorsogon meridional
- (Linguas do mundo) Lingua bisaya falada no sur de Sorsogon, Filipinas, nos municipios de Gubat, Barcelona, Bulusan, Santa Magdalena, Matnog, Bulan e Irosin. E aínda que está na rexión de Bicol, esta lingua pertence ao subgrupo bisayo waray, non ao bicolano, e é mutuamente intelixible co waray que se fala no sur nas illas veciñas de Samar.