temperanza
Galego
- Etimoloxía: do latín temperantia.
- Pronuncia: /tem.pe.'raŋ.θa̯/ ou /tem.pe.'raŋ.sa̯/ (AFI)
temperanza (sg: temperanza; pl: temperanzas)
- Moderación, sobriedade, capacidade de moderar os desexos ou paixóns.
- Benignidade do clima dun país.
- (Arte) Na pintura, harmonía e boa disposición das cores.
- (Relixión) No cristianismo, unha das catro virtudes cardinais, consistente en moderar as paixóns e o uso exaxerado dos sentidos, suxeitándoos á razón.