virtudes cardinais
Galego
virtudes cardinais
- (Relixión) As virtudes cardinais son catro virtudes morais de conduta nomeadas e descritas por Platón no contexto da tradición filosófica clásica e que, finalmente, foron incorporadas a distintas relixións e exerceron grande influencia sobre o pensamento posterior do cristianismo. Sobre elas xira e descansa toda a moral humana, e son os principios doutras virtudes derivadas delas ou nelas contidas. Estas catro virtudes son:
- Temperanza (en grego σωφροσύνη sōphrosýnē)
- Prudencia (en grego φρόνησις phrónēsis)
- Fortaleza (en grego ανδρεία andreía)
- Xustiza (en grego δικαιοσύνη dikaiosýnē).