Galego

  •   Pronuncia: /kaɾ.ð̞i.ˈnal/ (AFI)

  Adxectivo

cardinal (sg: cardinal; pl: cardinais)

  1. Da maior importancia, principal, fundamental.
    • Exemplo: Trataremos de arranxar o problema cardinal

      .
  2. Numeral que expresa unha cantidade.
    • Exemplo: "Dous" é un numeral cardinal

      .
  3. (Astroloxía) Dito dun signo do zodíaco, que comeza nun dos puntos cardinais, dando orixe a unha estación do ano, como Aries, Cancro, Libra e Capricornio.
  4. (Gramática) Que expresa o valor numérico dun conxunto.
    • Exemplo: O prefixo "bis-" ten valor cardinal

      .

Termos relacionados

número cardinal, punto cardinal, vento cardinal, virtudes cardinais