Galego

  •   Pronuncia: /tɾa.ʃek.'to.ɾia̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

traxectoria
(sg: traxectoria; pl: traxectorias)

  1. Liña que describe no plano ou no espazo un corpo en movemento.
    • Exemplo: Desde o observatorio viamos as traxectorias dos proxectís.

  2. (Matemáticas) Curva que corta coa mesma inclinación todas as curvas dun feixe ou sistema dado.
    • Exemplo: As traxetorias das curvas.

  3. (Meteoroloxía) Derrota ou curso que segue o corpo dun furacán ou unha tormenta.
    • Exemplo: Os meteorólogos estudaron as posíbeis traxectorias do furacán.

  4. (Figurado) Curso que, ao longo do tempo, segue o comportamiento dunha persoa, dun grupo social ou dunha institución.
    • Exemplo: O catedrático xubilouse tras unha brillante e dilatada traxectoria profesional.