varíola
Galego
- Etimoloxía: do latín tardío variolam, acusativo de variola, diminutivo de varus, 'bostela'.
- Pronuncia: /vaˈɾi.o.la/ (AFI)
varíola (sg: varíola; pl: varíolas)
- (Medicina) Enfermidade infecciosa vírica, moi grave e contaxiosa e con alta mortandade. Causa vexigas ou bostelas na pel (de aí a denominación popular en galego de «vexigas» para designar a doenza) e, ocasionalmente, cegueira.