Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xenio».
  •   Pronuncia: [ˈʃɛ.njʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

xenio (sg: xenio; pl: xenios)

  1. (Mitoloxía) Ser fantástico que protexe certos lugares, así como tamén pode influír no destino de alguén para ben ou para mal.
  2. Predisposición innata para cultivar algún ramo do saber humano, especialmente de temas intelectuais e creativos.
    • Exemplo: Traballa meu, que o xenio e a preguiza son grandes inimigos.

  3. Persoa de grande talento, sobresaínte, creador de pensamentos e coñecementos novos.
    • Exemplo: Picasso e Einstein foron grandes xenios do século XX.

  4. Carácter, temperamento ou humor dunha persoa.
    • Exemplo: A todos nos gusta arrimarnos a persoas de bo xenio.

  5. Ánimo, forza, viveza na acción.
    • Exemplo: Ti dálle con xenio.

  6. Inclinación do carácter dunha persoa a actuar con bravura e a enfurruñarse facilmente.
    • Sinónimos: xaneta.
    • Exemplo: Co xenio que ten non hai quen o ature.

  7. Carácter propio e distintivo.
    • Exemplo: O xenio dunha nación.

Termos relacionados

Traducións