xibón cristado
Galego
- Pronuncia: /ʃiˈβoŋ kɾisˈtaðo̝/ (AFI)
xibón cristado (sg: xibón cristado; pl: xibóns cristados)
- (Zooloxía) Especie de primate da familia dos xibóns. Amosa un marcado dimorfismo sexual na cor da pelaxe: os machos teñen o pelo negro e as femias son de cor branca agrisada, con só o bandullo e a testa negros. O círculo de pelo branco arredor da cabeza é común de ambos os dous sexos.