Galego

  Sufixo

-nte (sg: -nte; pl: -ntes)

  1. (Lingüística) Elemento de formación de palabras que se usa para formar adxectivos derivados de verbos. Toma a forma -ante cando o verbo base é da primeira conxugación, -ente ou -iente, se é da segunda ou da terceira. Significa 'que executa a acción expresada pola base', como en agobiante, veraneante, absorbente, dirixente ou dependente. Moitos destes adxectivos adoitan substantivarse, e algúns lexicalizáronse como substantivos e xeraron, ás veces, unha forma feminina en -nta, como en dependenta.