César Portela
Galego
- César Portela Fernández-Jardón, nacido en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego, que deseñou, entre outros edificios, un grupo de vivendas para xitanos en Campañó, outro no polígono industrial de Campolongo, o faro de Punta Nariga e a Domus da Coruña (en colaboración con Arata Isozaki). Foi catedrático da Escola de Arquitectura da Coruña e galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, e recibido distincións de diversas institucións nacionais e internacionais.