Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Hispania».
 
Territorio da diocese romana de Hispania en tempos de Diocleciano
  •   Pronuncia: /is.pa.ˈni.a/ (AFI)

  Topónimo

Hispania

  1. Hispania foi o nome dado polos antigos romanos á península Ibérica, (comprendendo as actuais Portugal, España, Andorra e Xibraltar) despois de derrotar aos cartaxineses, descendentes dos fenicios. Máis tarde, cando os romanos conquistaron o norte de África, en tempos de Diocleciano, estenderon a Hispania formando a denominada Diocesis Hispaniarum (diocese das Hispanias), baixo a dirección do vigairo de Hispaniae, cuxas competencias se estendían tamén á Mauretania Tinxitana (terra de mouros arredor de Tánxer).