Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Río Sar».
 
Ponte sobre o río Sar en Padrón

Hidrónimo

Río Sar

  1. (Xeografía) O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita. Nace en Santiago de Compostela, na parroquia de Bando e flúe polas parroquias de Sar, Conxo, Vidán (onde desemboca nel o seu afluente o Sarela) e Laraño; de seguido, no concello de Ames, atravesa a parroquia de Bugallido e baixa rapidamente até os 30 m, atravesando a parroquia de Ortoño. No concello de Brión atravesa as parroquias de Os Ánxeles e Bastavales, chega ao concello de Rois e, tras entrar no concello de Padrón, despois de pasar por Iria Flavia e a propia vila de Padrón, desemboca no río Ulla augas abaixo de Pontecesures.