abeto común
Galego
- (Botánica) Árbore da familia das pináceas, Abies alba, de folla perenne, monoica, de tronco moi alto (até 50 m ou máis), recto, de codia de cor gris cincenta, coa copa cónica, ás veces case cilíndrica, pólas horizontais, follas en forma de agulla, e piñas alongadas e ergueitas, que se distribúe polas grandes montañas do sur de Europa.
- Exemplo: A madeira do abeto común é branca, lixeira e moi apreciada para a construción e en carpintaría.
- Sinónimos: abeto, abeto branco.
- Exemplo: A madeira do abeto común é branca, lixeira e moi apreciada para a construción e en carpintaría.