Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «agulla».
  •   Pronuncia: /aˈɣuʎa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

agulla (sg: agulla; pl: agullas)

  1. Ferramenta puntiaguda que se emprega para coser, bordar ou tecer e que, agás as de facer punto, posúe un ollo por onde se pasa o fío.
  2. (Medicina) Barriña puntiaguda e oca, cortada a bisel, empregada normalmente cunha xeringa para inxectar substancias no corpo (Agulla hipodérmica).
  3. Puga de metal que se move sobre un plano.
  4. (Arquitectura) Chapitel estreito e alto con forma de punta.
  5. (Arquitectura) Cada unha das dúas pezas verticais (formada á sua vez por unha ou máis pezas) que delimitan lateralmente o van dunha porta ou ventá e sosteñen o lintel ou o arco que as pecha superiormente.
  6. Parte do lombo dos animais, próxima á cabeza, onde se xuntan os membros anteriores co espiñazo.
  7. (Alimentación) Por extensión, peza de carne que se extrae da rexión anterior e da musculatura dorsolateral do pescozo.
    • Exemplo: A carne de agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.

  8. (Ictioloxía, alimentación) Peixe da familia dos belónidos, de corpo longo e estreito e coas mandíbulas moi afiadas.
  9. Raíl móbil que permite o cambio de vía dun tren ou panca e aparello que produce tal cambio.
  10. Punzón que provoca a detonación do fulminante ó bater na parte posterior do cartucho.
  11. (Mariña) Aparato destinado a rexistrar a dirección da quilla dun barco.
  12. (Topografía) Pequenos elementos auxiliares utilizados para marcar transitoriamente no terreo puntos que forman parte dunha medición maior.

Traducións