abroma
Grafías semellantes: Abroma |
Galego
abroma (sg: abroma; pl: abromas)
- (Botánica) Nome de varias plantas da familia das esterculiáceas pertencentes ao xénero Abroma, que comprende arbustos de tronco forte, follas grandes, flores vermellas e froito en cápsula, orixinarias da India, Filipinas e Indonesia, e que se cultivan en Europa en invernadoiros. A súa codia emprégase, nos países de onde son orixinarias, para facer cordas, e da especie Abroma augusta obtense un suco viscoso que se utiliza na dismenorrea.