Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «artes plásticas».
 
Os descargadores en Arlés
Vincent van Gogh (1888)
Museo Thyssen-Bornemisza

  Locución substantiva feminina

artes plásticas

  1. (Arte) As artes plásticas son aquelas, artes que utilizan materiais capaces de seren modificados ou modelados polo artista mediante distintas técnicas para crear unha obra. son manifestacións do ser humano que reflicten, con recursos plásticos, algún produto da súa imaxinación ou da súa visión da realidade. O termo refírese de maneira máis ampla ás artes visuais para diferencialas da arte musical, da danza, da literatura ou do teatro. Incluídas dentro das belas artes, o termo 'artes plásticas' apareceu a principios do século XIX para referirse á pintura, á escultura, ao debuxo, á arquitectura, ao gravado, á cerámica, á ourivaría, á artesanía e á pintura mural.