auga salobre
Galego
auga salobre
- (Ecoloxía) A auga salobre é aquela que ten máis sales disoltos que a auga doce e menos que a auga do mar. Tecnicamente, considérase auga salobre a que ten unha concentración de sal entre o 0,5 e os 30 g/l. A auga salobre é típica dos estuarios, onde resulta da mestura da auga do río correspondente coa auga do mar, ou pode encontrarse en acuíferos. Certas actividades humanas poden producir auga salobre, como nos encoros. Tamén se encontra auga salobre de orixe fósil en certos acuíferos asociados a rochas salinas.