fósil
Galego
- Etimoloxía: do latín fossus, "desenterrado".
- Pronuncia: /ˈfɔsil/ (AFI)
fósil (sg: fósil; pl: fósiles)
- Resto dun ser vivo que habitou no pasado, ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou a súa conservación en rochas.
- (Figurado) Algo ou alguén moi anticuado, moi vello, e que non vai cos tempos.
fósil (sg: fósil; pl: fósiles)
- Que se extrae da terra.
- Petrificado, fosilizado.
- (Figurado) Que está moi anticuado e que non vai cos tempos.