bóveda estrelada

Galego

 
Bóveda estrelada
da Capela do Fundador.
Mosteiro de Batalha (Portugal)

  Locución substantiva feminina

bóveda estrelada

  1. (Arquitectura) Bóveda que representa a evolución máis complexa e elaborada da bóveda de crucería, que serve para cubrir espazos máis amplos, cun maior número de nervios entrelazados entre si para unha mellor transmisión das cargas, e onde xa aparecen nervaduras de trazado curvo en forma de lazos e ondas.
    • Exemplo: As bóvedas estreladas son verdadeiras obras mestras do deseño e da arquitectura estructural.