- Pronuncia: /baðuˈlake̝/ (AFI)
Adxectivo
badulaque (sg: badulaque; pl: badulaques)
- Que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, baleigán, brégolas, calaceiro, folgazán, galbán, gandaina, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, langrán, lerchán, lercho, lombán, loubán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
Substantivo
badulaque (sg: badulaque; pl: badulaques)
- Persoa que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.