- Pronuncia: /lowˈβaŋ/ (AFI)
Adxectivo
loubán (ms: loubán; mpl: loubáns; fs: loubana; fpl: loubanas)
- Que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, baleigán, brégolas, calaceiro, calaceiro, folgazán, galbán, gandaina, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, langrán, lerchán, lercho, lombán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
- Que actúa con astucia ou malicia para lograr os seus obxectivos.
- Que anda pouco elegantemente, con poucos modais, sen desenvoltura nos seus xestos.
Substantivo masculino
loubán (ms: loubán; mpl: loubáns; fs: loubana; fpl: loubanas)
- Home que non ten vontade para traballar e pasa o tempo sen facer nada.
- Sinónimos: badanas, baleigán, brégolas, calaceiro, calaceiro, folgazán, galbán, gandaina, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, langrán, lerchán, lercho, lombán, mamalón, mangallón, pandorco, preguiceiro, preguizoso, vago, vergallán, zolado, zoupeiro.
- Persoa pillabana.