bala
Galego
- Pronuncia: /'ba.la̯/ (AFI)
bala
(sg: bala; pl: balas)
- Proxectil de forma esférica ou cilíndrico-oxival, xeralmente de chumbo ou ferro.
- Fardo compacto formado por unha mercadoría precintada e atada.
- Conxunto de monllos de diversos cereais amoreados e dispostos na leira para despois ser levados ás eiras onde pasarán a formar parte da meda.
Termos relacionados
bala dum-dum, bala morta, bala perdida, como unha bala, tirar con bala