Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «blenorraxia».
 
Neutrófilos infectados por Neisseria gonorrhoeae
  •   Pronuncia: /ble.no.'ra.ʃja̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

blenorraxia
(sg: blenorraxia; pl: blenorraxias)

  1. (Medicina) Infección de transmisión sexual provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae ou gonococo, cuxo hóspede específico é o ser humano, que afecta principalmente as mucosas do aparato xenital e do sistema urinario, pero que tamén pode afectar á conxuntiva ocular, á farinxe e ao recto.

Sinónimos

gonorrea