Galego

  •   Pronuncia: /o.ku.ˈlaɾ/ (AFI)

  Adxectivo

ocular (sg: ocular; pl: oculares)

 
Diferentes tipos de oculares
  1. Pertencente ou relativo aos ollos.
    • Exemplo: Globo ocular.

  2. Que se fai por medio dos ollos.
    • Exemplo: Inspección ocular.

  Substantivo masculino

ocular (sg: ocular; pl: oculares)

  1. Sistema de lentes que, a fin de aumentar a imaxe real dada polo obxectivo, se coloca no extremo dun instrumento polo que mira o observador.
    • Exemplo: O ocular de Galileo Galilei.