Non é doado distinguir esta locución verbal da perífrase "botar + infinitivo". Con todo, hai que dicir que o significado non é o mesmo. Cando é locución é sinónimo exacto de estragar (O viño botouse a perder = O viño estragouse). Cando é perífrase, queda clara a significación incoativa: O viño botouse a perder = O viño comezouse a perder.