Galego

  •   Pronuncia: [deskompoˈɲeɾ] (AFI)

  Verbo transitivo

descompoñer

  1. Separar algo en distintas partes, elementos ou compoñentes.
  2. Facer que algo deixe de funcionar ben, ao facer mal uso del ou manipular o seu funcionamento, e fique en desorde ou perda a súa integridade.
  3. Alterar a natureza de algo, especialmente un corpo orgánico na putrefacción.
  4. (Figurado) Alterar forte e seriamente, facer perder a serenidade.
  5. Provocar diarrea.
  6. Saír un óso do seu sitio.

Variantes

  Verbo pronominal

descompoñerse

  1. Deixar algo de funcionar ben.
  2. Botarse algo a perder, alterarse a súa natureza.
  3. (Figurado) Alterarse forte e seriamente, perder a serenidade.
  4. Ter diarrea.

Variantes

Termos relacionados

Traducións

Conxugación