desarticular
Galego
- Pronuncia: /desaɾtikuˈlaɾ/ (AFI)
desarticular
- (Medicina) Separar cirúrxicamente un membro por unha articulación.
- Sinónimos: desartellar, amputar.
- (Medicina) Saír(se) un óso da súa articulación.
- Sinónimos: desartellar, dislocar, torcer, derrancar, descompoñer, descompor, desconxuntar, desortellar, esnogar.
- Antónimos: compoñer, compor.
- Separar as pezas de algo.
- Sinónimos: desartellar.
- (Figurado Desfacer ou interromper o funcionamento dunha organización, especialmente dalgunhas das súas partes.
- Sinónimos: desartellar, desmantelar.
desarticularse
- (Medicina) Saírse un óso da súa articulación.
- Sinónimos: desartellarse, desensortellarse, desortellarse.
- Separarse as pezas de algo.
- Sinónimos: desartellarse.
Termos relacionados
Traducións
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | desarticular |
Xerundio | desarticulando |
Participio | desarticulado, desarticulada, desarticulados, desarticuladas |
1 Vostede(s) |
Castelán
desarticular