Galego

  •   Pronuncia: /bɾi.'ɣa.ða̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

brigada
(sg: brigada; pl: brigadas)

  1. Conxunto de persoas que fan un mesmo traballo.
    • Exemplo: Unha brigada de xardiñeiros.

      .
  2. Conxunto de persoas estruturadas ou dispostas de maneira máis ou menos militarmente.
    • Exemplo: Unha brigada de bombeiros.

      .
  3. (Exército) Unidade militar que serve de base a outras unidades, e que está baixo o mando dun xeneral de brigada.
    • Exemplo: Axudounos unha brigada de cabalería montada.

  4. (Exército) Na mariña de guerra, unidade equivalente á compañía do exército de terra.
    • Exemplo: A brigada do cruceiro presentou armas ao almirante.

      .

Termos relacionados

xeneral de brigada

  Substantivo

brigada
(sg: brigada; pl: brigadas)

  1. (Exército) Militar de grao entre sarxento e alférez.
    • Exemplo: Os compañeiros felicitaron á brigada recén ascendida.

      .