Galego

  •   Pronuncia: /'kaws.ti.ko̯/ (AFI)

  Adxectivo

cáustico
(ms: cáustico; mpl: cáusticos; fs: cáustica; fpl: cáusticas)

  1. Que ataca ou queima os tecidos orgánicos ou outras substancias.
    • Exemplo: Ten coidado con este líquido, é moi cáustico

  2. (Figurado) Que ataca ou critica a alguén utilizando a ironía, a burla, etc.
    • Exemplo: Este periodista, nos seus escritos, manifesta sempre unha crítica cáustica dos poderes públicos.

Termos relacionados

sosa cáustica

  Substantivo feminino

cáustica

  1. (Física) Lugar onde se produce a intersección dos raios luminosos reflectidos ou refractados.
    • Exemplo: A cáustica é unha superficie tanxente.

  Substantivo masculino

cáustico
(sg: cáustico; pl: cáusticos)

  1. (Medicina) Substancia que ten a propiedade de destruír ou corroer os tecidos orgánicos.
    • Exemplo: Os cáusticos son substancias moi nocivas.