Galego

  Substantivo feminino


singular plural
camela camelas
  1. (Carro) Saínte que, en número de tres, se talla na parte superior do centro do xugo para atar o loro que o une á cabezalla do carro. O central adoita ser máis ancho que os laterais.
    • Sinónimos: camallón, castelar, castelo.
    • Observacións: Nalgunhas localidades dáse este nome ás entallas que se abren entre aqueles saíntes.
  2. (Carro) Arco do xugo, un a cada lado, que asenta sobre a caluga das reses. É máis pronunciado no xugo de molida e menos –ás veces case inapreciable- nos de cangallas ou de cancís.

Véxase tamén