xugo de mulida
(Redirixido dende xugo de molida)
Galego
xugo de mulida
- (Carro) Tipo de xugo no que a xugada se suxeita atando os cornos a uns saíntes e entalladuras que leva o xugo no centro e nos extremos. O xugo descansa sobre a caluga do boi ou vaca, protexida por unha almofada de pel chamada mulida.
- Sinónimos: xugo cornal, xugo de molida.
- Observacións: Este tipo de xugo distribúese polo case toda a provincia de Ourense (excepto a franxa noroccidental) e ascende por unha estreita franxa ó leste da provincia de Lugo, lindante con León e Asturias. Xaquín Lorenzo dáballe tamén o nome de xugo castelán, porque é o xugo utilizado en toda Castela.