caramelo
Galego
- Pronuncia: /kaɾaˈmɛlo̝/ /kaɾaˈmelo̝/ (AFI)
caramelo (sg: caramelo; pl: caramelos)
- Capa de xeo que se forma sobre unha superficie líquida ao ir moito frío.
- Xeo que adoptou unha forma alongada rematada en punta a consecuencia da conxelación de auga líquida caendo a gotas desde un alto.
- (Alimentación) Elemento pegañento feito ao fundir azucre, ben sexa só ou con auga, que se emprega para elaborar doces, e para decoralos.
- (Alimentación) Lambetada feita en principio a base de azucre, con diversos sabores.