casar
Galego
- Etimoloxía: de casa e -ar (Para as acepcións relacionadas co matrimonio).
- Pronuncia: /ka.'sar/ (AFI)
casar
- (Dereito) Anular unha resolución, sentenza, etc.
- Exemplo: O Tribunal Supremo casou unha sentenza da Audiencia Provincial.

- (Dereito) Unir en matrimonio a dúas persoas.
- Exemplo: Non son relixiosos e casaron no Concello. Casounos o tío da noiva, que é cura.

- Dar a filla ou o fillo en matrimonio.
- Exemplo: Casou á filla cun garda civil.

- Poñer unha cousa en relación con outras segundo uns determinados criterios.
- Exemplo: Casar as cartas da baralla. A avoa casou as pezas dun crebacabezas nun cuarto de hora.

Termos relacionados
casamenteiro, casamento, casar de penalti
casar
- Contraer matrimonio.
- Exemplo: Decidiron casar na primavera.

- Unir unha cousa a outra ou a outras de xeito que se adapten ben.
- Exemplo: Os mobles da casa da aldea casan moi ben no apartamento da cidade.

- Estar unha persoa ou algo en harmonía ou en correspondencia.
- Exemplo: As súas declaracións non casan coa realidade dos feitos.