Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ciencia ficción».
  •   Pronuncia: /ˈθjɛnθja̝ fikˈθjoŋ/ (AFI)
 
Jules Verne (1828-1905), escritor francés pioneiro da literatura de ciencia ficción.
 
Imaxe de Le Voyage dans la lune (1902), filme mudo de George Méliès,

  Locución substantiva feminina

ciencia ficción

  1. Xénero literario e cinematográfico cuxo contido está baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos.
    • Exemplo: "Alien" é unha das máis famosas películas de ciencia ficción.

Sinónimos

Observacións

Aínda que a Real Academia Galega admite tanto o termo ciencia ficción como o sinónimo ficción científica, algúns autores, como o terminólogo Xusto A. Rodríguez Río, consideran preferíbel a expresión ficción científica por consideraren que, como norma xeral, se debe buscar a adaptación das denominacións importadas ás pautas ortográficas, ortofónicas e morfosintácticas do galego. (Véxase, así mesmo, a forma portuguesa).

Traducións