Galego

 
Circuíto de Le Mans
 
Exemplo dun circuíto eléctrico
  •   Pronuncia: /θiɾ.ku'i.to̝/ ou /siɾ.ku'i.to̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

circuíto (sg: circuíto; pl: circuítos)

  1. Terreo comprendido dentro dun perímetro calquera.
    • Exemplo: A pista ten cinco quilómetros de circuíto.

  2. Estrada en curva pechada utilizada para carreiras de automóbiles, motocicletas, bicicletas, etc.
    • Exemplo: O circuíto de Le Mans.

  3. Pecorrido que adoita terminar no punto de partida.
    • Exemplo: Neste circuíto celébranse carreiras pedestres.

  4. (Física) Sistema formado por un ou varios condutores, percorrido por unha corrente eléctrica, e no cal hai xeralmente intercalados aparatos produtores ou consumidores desta corrente.
    • Exemplo: Unha avaría no circuíto detivo o proceso.

Termos relacionados

circuíto aberto, circuíto impreso, circuíto integrado, circuíto lineal, circuíto magnético, circuíto pechado, curtocircuíto.