Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «conciencia».
  •   Pronuncia: /kon.ˈθjen.θja/ ou /kon.ˈsjen.sja/ (AFI)

  Substantivo feminino

conciencia (sg: conciencia; pl: conciencias)

  1. Coñecemento que toda persoa ten de si mesma, que lle permite establecer un xuízo moral dos actos e distinguir entre o ben e o mal.
    • Exemplo: A miña conciencia non me permite facer iso. Teño a conciencia tranquila.

  2. Coñecemento reflexivo e intuitivo que cada un pode ter da súa existencia.
    • Exemplo: Ao caer ao chan perdeu a momentaneamente a conciencia.

  3. Coñecemento reflexivo do mundo exterior.
    • Exemplo: Non ten conciencia do seu gran poder.

  4. Coñecemento espontáneo e pouco reflexivo dunha realidade.
    • Exemplo: Non tiña conciencia de ter ofendido a ninguén.

  5. Coñecemento claro e reflexivo da realidade.
    • Exemplo: Alí hai pouca conciencia ecolóxica.

  6. Sentido moral ou ético propios dunha persoa.
    • Exemplo: É xente sen conciencia.

  7. Capacidade de recoñecer a realidade circundante.
    • Exemplo: Por fin recobrou a conciencia.

  8. (Psicoloxía) Facultade psíquica pola que un suxeito se percibe a si mesmo no mundo.
    • Exemplo: Grazas á miña psicóloga recuperei a miña conciencia

      .

Observacións

Naacepción seu sinónimo é sentido.

Termos relacionados

a conciencia, cargo de conciencia, caso de conciencia, cláusula de conciencia, conciencia de clase, en conciencia, exame de conciencia, libertade de conciencia, mala conciencia, non ter conciencia, obxector de conciencia

Véxase tamén

consciencia