confórmero
Galego
- Etimoloxía: do inglés conformer, de confor(mational) (iso)mer, en galego "isómero conformacional".
- Pronuncia: /kɔɱˈfɔɾmeɾo/ (AFI)
confórmero (sg: confórmero; pl: confórmeros)
- (Química orgánica) Estereoisómero que se caracteriza por poder interconverterse (modificar a súa orientación espacial, converténdose noutro isómero da mesma molécula) a temperatura ambiente, por rotación en torno a enlaces simples anti, eclipsada ou alternada.
- Sinónimos: isómero conformacional, rotámero.