Galego

  •   Pronuncia: /kon.fluˈiɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

confluír

  1. Dito de dous o máis ríos ou outras correntes de auga, unirse.
    • Exemplo: O Sar e o Sarela conflúen en Santiago.

  2. Dito de dous ou máis camiños, unirse.
    • Exemplo: Segundo se di, todos os camiños conflúen en Roma.

  3. Dito de moita xente ou de cousas que veñen de diversas partes, concorrer nun lugar.
    • Exemplo: Biólogos de todo o mundo confluíron no congreso.

Traducións

Conxugación