constante de asociación
Galego
- Etimoloxía: de constante e asociación.
constante de asociación
- (Química) En química unha constante de asociación (Ka) é unha constante de equilibrio, inversa da constante de disociación que, aplicada por exemplo ao equilibrio químico resultante da formación dun complexo LR a partir dun ligando L e dun receptor R, que se pode escribir
L + R ⇌ complexo LR
a constante de asociación vale Ka = [LR]/[L][R] onde [LR], [L] e [R] representan as concentracións molares das diferentes especies químicas consideradas.- Exemplo: A constante de asociación é unha cantidade de uso habitual en bioquímica
.
- Exemplo: A constante de asociación é unha cantidade de uso habitual en bioquímica