constelación
Galego
- Etimoloxía: do latín constellatĭo, -ōnis.
- Pronuncia: /konstɛlaˈθjoŋ/ (AFI)
constelación f (sg: constelación; pl: constelacións)
- (Astronomía) Conxunto de estrelas cuxa posición no ceo é aparentemente tan próxima que se acostuma a conectalas mediante liñas imaxinarias, asociando o debuxo resultante cunha figura determinada, como a dun animal, un ser mitolóxico, etc.
Observacións
- A partir de 1928, a Unión Astronómica Internacional decidiu reagrupar oficialmente a esfera celeste en oitenta e oito constelacións con límites precisos, tal que todo punto no ceo quedase dentro dos confíns dunha figura.
Traducións
- Alemán: Sternbild (de).
- Búlgaro: съзвездие (bg).
- Castelán: constelación (es).
- Francés: constellation (fr).
- Inglés: constellation (en).
- Islandés: stjörnumerki (is)
- Italiano: costellazione (it).
- Neerlandés: sterrenbeeld (nl), constellatie (nl).
- Polaco: gwiazdozbiór (pl), konstelacja (pl).
- Portugués: constelação (pt).
Véxase tamén
Castelán
- Etimoloxía: do latín constellatĭo, -ōnis.
constelación f (sg: constelación; pl: constelaciones)