Galego

  •   Pronuncia: /ˈde.βe̯.ða̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

débeda (sg: débeda; pl: débedas)

  1. Obriga que alguén ten que pagar, polo común diñeiro, a outra persoa.
    • Exemplo: Non é bo contraer demasiadas débedas.

  2. Cantidade de diñeiro que se debe.
    • Exemplo: A débeda da nosa empresa supera os cen millóns de euros. SINÓNIMO débito
  3. Obriga moral contraída con alguén

    .
    • Exemplo: Teño unha débeda contigo, fixéchesme moitos favores.

  4. Pecado, culpa ou ofensa.
    • Exemplo: Como di o Noso Pai, "e perdóanos as nosas débedas".

Observacións

Naacepción seu sinónimo é débito.

Termos relacionados

débeda amortizábel, débeda consolidada, débeda exterior, débeda flotante, débeda interior, débeda pública, débeda soberana, débeda tributaria, pagar unha débeda ao demo